14 Xuñ 2016 Este xoves, 16 de xuño ás 14.00 horas, remata o prazo para optar á praza de docente para impartir o curso AFD “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”

O vindeiro xoves, 16 de xuño de 2016, remata o prazo para optar á praza de docente para impartir o curso AFD (para personas preferentemente desempregadas) “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”, que organiza o Concello de Tomiño, de 508 horas de duración.

Os requisitos demandados para ocupar a praza descrita poden consultarse na seguinte ligazón:

Informe requisitos docente xardinería

A data prevista de inicio do curso é o día 1 de xullo, finalizando o 17 de outubro.



X