Festas e feiras

Tomiño

Rúas céntricas – 5 de xaneiro
Cabalgata de Reis
A Concellería de Cultura organiza cada ano a Cabalgata de Reis; festa relixiosa á que asisten miles de persoas. Ademais do Belén Vivente, celébrase un sorteo de agasallos, moi esperado polos máis pequenos.

 

Rúas céntricas – Venres de Entroido
Venres de Foliada (Entroido)
A Concellería de Cultura de Tomiño ven organizando hai varios anos o desfile e festa de Entroido “Venres de Foliada”, ao que asisten numerosas comparsas e carrozas do municipio e comarca, sendo esta festa unha das máis populares e concorridas de todo o ano.

 

San Brais – 3 de febreiro Festa do Cocido

A Milagrosa (Hospital) – 1 de maio

 

San Xoan – 23 de xuño

 

Festa da Árbore (Vilachán) – 12 de xullo

 

Nosa Señora e San Roque – 16 de agosto

 

Nosa Señora do Alivio – 13 de setembro
As Festas da Virxe do Alivio son as festas patronais de Tomiño, e polo tanto, as máis importantes da localidade. O Concello organiza actos complementarios, como unha exposición de pintura de artistas noveles e consagrados, e outros actos cívicos e culturais.

Nas demáis parroquias

X