Fin de semana completo cos Cantares do Brión e Cantares do Brueiro Ambas as formacións teñen coma obxectivo interpretar e divulgar a música coral tradicional galega

A vindeira fin de semana será especial porque nos visitarán os grupos de música tradicional “Cantares do Brión” (sábado) e “Cantares do Brueiro” (domingo).

Cantares do Brión, sábado 12 de maio, 22.00h, auditorio de Goián.

Trátase dun coro galego con sede en Vincios, que ten coma fins restituir, interpretar e divulgar a música coral tradicional galega, con acompañamento instrumental e uso do traxe orixinal.

Cantares do Brueiro, domingo 13 de maio, 19.00h, auditorio de Goián.

O obradoiro coral “Cantares do Brueiro”, comezou a súa andaina en 2014, tentando dignificar a canción popular galega. Actuarán baixo a dirección do músico guardés Tino Baz.

Os dous concertos son para todo público e as entradas poderán comprarse na taquilla, aberta unha hora antes da función.



X