Fin de semana de concertos no Seixo!

Esta fin de semana pechamos a axenda da programación cultural de verán do Concello de Tomiño con dúas grandes actuacións!

Venres: Unha noite de amor con LELA

Venres 26 de agosto | 22:00 h. | Praza do Seixo | Tomiño

Voz: Silvia Ferre

Narradora: Belén Xestal

Piano: Alfredo Susavila

Banda: Agrupación Musical de Goián

 

Sábado: “Son galego, Son cubano” Roi CasalCartaz-4

Sábado 27 de agosto | 22:00 h. | Praza do Seixo | Tomiño

O gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia

Homenaxe a Neira Vilas e á Emigración Galega en Cuba