Fin de semana deportiva co Campionato Nacional de Slálom 2017 e a 12ª Regata Internacional “Ponte da Amizade”

Vila Nova de Cerveira volve a ser escenario de dous grandes eventos deportivos na vertente náutica. O río Coura recibe o Campionato Nacional de Slalom e o río Miño acolle a 12ª Regata Internacional “Ponte da Amizade”.

Por segundo ano consecutivo, a Federación Portuguesa de Canoagem escolleu as augas bravas do río Coura, na freguesía de Covas, para o Campionato Nacional de Slalom. Esta competición, incluída na agenda para este sábado e domingo, conta coa presenza de máis dun centenar de atletas en representación de 11 clubs, entre eles algúns de Galicia, coma o Club Deportivo Miño Os Teixugos, de Goián. Colaboran ambas as cámaras municipais de Cerveira e Tomiño, así coma Amizade Tomiño-Cerveira, clubs e federacións dun e outro lado da fronteira.

O domingo, o río Miño prepárase para a 12ª Regata Internacional “Ponte da Amizade”, organizada pola Asociación Deportiva e Cultural da Xuventude de Cerveira co apoio do Concello de Vila Nova de Cerveira e da Federación Portuguesa de Remo. Conciliando o convívio e a competición entre mozas atletas, este evento integra o Calendario Nacional da Federación Portuguesa de Remo.

O Campionato Nacional de Slalom celebrarase este sábado e domingo, no río Coura, en Covas, coas eliminatorias e semifinais (10h00 a 15h00) incluídas na axenda para este sábado, e as finais e entrega de premios (10h00 a 14h00), o domingo. Á súa vez, a 12ª Regata Internacional, dispútase ao longo de todo o domingo, no Miño, con eliminatorias no período da mañá (10h00) e finais no da tarde (15h00).