Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de maneira confidencial e poden ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Tomiño. En calquera momento poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición coa comunicación por escrito ao Rexistro do Concello de Tomiño.
O envío desta solicitude implica a aceptación das seguintes condicións:
- Será obligatoria a realización dun curso de formación específica na compostaxe. As datas dos cursos serán comunicadas os interesados de maneira pública, no concello e páxina web do concello de Tomiño.
- A inscrición no rexistro de compostadores do Concello de Tomiño non implica unha inmediata aceptación de bonificación na taxa do lixo. Os novos compostadores deberán estar entre 9 e 12 meses compostando antes de que redunde na bonificación.
- Procederánse a inspeccións para comprobar in situ a situación da compostaxe domiciliar. Unha inspección con resultado negativo implica que non se considera bonificable. Non será recorríbel unha segunda inspección no mesmo ano.