Gala do deporte no auditorio de Goián, domingo 12 de abril ás 20h

Dende o concello de Tomiño somos conscientes do valor do deporte para incrementar a calidade de vida da nosa cidadanía, a súa saúde e a participación veciñal nas diferentes asociacións deportivas e clubes, así como coas persoas doutros municipios. Nesta GALA DO DEPORTE que se vai celebrar este domingo 12 de abril ás 20h no auditorio de Goián, serán entregados diferentes premios e galardóns, en distintas disciplinas.
Algunhas das persoas candidatas propostas :
Campeóns/Campeona Galegos de Slálom: Laura Alonso en K1 muller sénior, Manuel Ochoa en K1 home cadete, Brais Castro en C1 home cadete. Campeón e campeonas galegas de promoción de Slálom: Ainhoa Barreiro en K1 muller benxamín, Ariadna Pereira en K1 muller alevín, Sergio Martínez en K1 home benxamín e con múltiples títulos . Campeóns e campeona de piraguïsmo Rubén Millán Rodríguez (campeón do mundo SUB-23 K4 1000 metros entre outros múltiples logros), Roi Rodríguez Huertas (campeón de Europa SUB-23 K1 1000 metros entre outros múltiples logros), David Costa Bouzada, Daniel Costa Bouzada, David González Mella, Marta Alén Jorge,
En natación (federada): Iria Rodríguez, múltiples logros
Ciclismo: Zaida González Martínez – gañadora da copa de Portugal de ciclocross entre outros logros.
Judokas: Brais Pereira Amorín: Campeón Copa de España, Subcampeón supercopa de España entre outros logros. Yohanna Dacuña González, Campeona Galega Infantil entre outros méritos. Adrián Romero González, Subcampeón Galego Cadete.
Lanzamento de peso: Maite Santos (campeona de España) e lanzamento de peso, xabalina e disco Fabio Martínez Otero.
Remo: Jaime Álvarez Pereira
Kick Boxing: Carlos López (campeón internacional, sub-campeón España Kick boxing entre outros méritos)
A GALA DO DEPORTE abrirase cun vídeo recolle as diferentes actividades deportivas realizadas en Tomiño nos últimos once meses. Tanto deporte de competición coma actividades deportivas dirixidas ao conxunto da poboación.
A presentación do acto estará a cargo do presentador da TVG Terio Carrera. Haberá unha actuación dun coñecido actor e humorista galego e algunha que outra sorpresa engadida.
Os diferentes premios que se otorgarán son: iniciativa deportiva, patrocinador, mellor evento, fomento deporte base, superación deportiva, mellor promesa femenina e masculina, mellor deportista absoluta femenina e masculino.
As persoas finalistas serán escollidas polo xurado formado por:
– Justi Peixoto. Xornalista deportivo de Radio Tui.
– Paco Santos. Xornalista deportivo da Radio Galega.
– Roberto Miranda. Licenciado en INEF. Monitor dun espazo deportivo de Tomiño.
– Betti Solleiro. Licenciada en INEF. Monitor dun espazo deportivo de Tomiño.
– Jose Oliveira. Licenciado en INEF. Monitor dun espazo deportivo de Tomiño.
– Moncho Portela. Profesor de educación física no IES de Tomiño.
– Cristina Martínez. Concelleira de deportes do concello de Tomiño.
A alcaldesa e a concelleira de deportes do concello de Tomiño queren recoñecer e agradecer o traballo e esforzo continuado das persoas deportistas do noso municipio.