Galicia e o Norte de Portugal celebran as tres décadas de adhesión á Unión Europea

Entre os organizadores dos actos conmemorativos, que terán lugar o vindeiro día 6, están os centros de información de Galicia e Norte de Portugal, universidades do Minho e de Vigo e Concello de Tomiño

Con motivo do 30 aniversario da adhesión de España e Portugal á Unión Europea, as redes oficiais de información comunitaria en Galicia e Norte de Portugal organizan, o vindeiro día 6 de maio, a acción conmemorativa “UE: 30 anos xuntos”.

Así, partindo desde a vertente española do antiga Ponte Internacional e tras un breve acto conmemorativo, os participantes chegarán á Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença do Minho, onde se desenvolverán as demais actividades da xornada.

Organizan os centros de información de Galicia e Norte de Portugal correspondentes ás seguintes redes: Europe Direct, Enterprise Europe Network, EURES, Team Europe, Centros de Documentación Europea e Eurodesk.

Forman parte tamén do Comité Organizador, entre outros, asuniversidades do Minho e de Vigo e Concello de Tomiño. Colaboran Eurocidade Tui-Valença e Escola Superior de Ciências Empresariais.

Programa (hora española):

15.00 – 15.30h Cruzamos xuntos o Miño: Percorrido a pe Ponte Internacional Tui-Valença – Escola Superior de Ciências Empresariais (1Km).

15.30h Exposición sobre as redes oficiais de información europea en Galicia e Norte de Portugal: Inauguración.

15.40h – 17.00h Encontro con Europarlamentarios da Eurorregión: Pasado, presente e futuro de Galicia e Norte de Portugal na UE.

17.00 – 17.30h: A Eurorrexión, por Quico Cadaval: “A raia 30 anos despois”

Inscrición e máis información: europedirect@dacoruna.gal – 981 080 331

Diptico_30_anos_gal