Aberto o prazo para apuntarse ao exame de obtención do título de competencias dixitais en ofimática, “CODIX”, da Xunta de Galicia

A partir deste mércores, 15 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para realizar o exame de obtención do título de competencias dixitais en ofimática, “CODIX”, da Xunta de Galicia.

Como todos os anos, a Aula CeMIT de Tomiño será un dos lugares onde se poderá realizar a proba, que terá lugar o xoves 27 de abril ás 10 da mañá.

As persoas interesadas en conseguir esta titulación non teñen máis que ser  usuarias rexistradas da Rede CeMIT e inscribirse.

Para as persoas que queiran prepararse para facer o exame, estanse a facer unha serie de cursos de ofimática na Aula CeMIT tomiñesa, aínda que non é requisito para realizar a proba, xa que calquera que xa teña os coñecementos, ou os prefira preparar pola súa conta, pode facelo pola súa conta.

Por outro lado, asistir aos cursos tampouco implica ter que facer o exame.

Para máis información, chamar ao teléfono 986623304, mandar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal ou vir a Aula CeMIT, situada  no parque do Campo da Feira, de luns a venres de 9:30 a 14:00 e  martes e xoves, de 19:15 a 20:30.