Dúas novas medallas de bronce para o judo tomiñés na Copa de España Cadete

YOHANNA E ADRIAN MEDALLAS DE BRONCE NA COPA DE ESPAÑA CADETE DE JUDO

Unha vez máis os judokas tomiñeses conseguen medallas a nivel nacional. Nesta ocasión os mozos Yohanna Dá Cuña e Adrián Romeu, do club de judo Baixo Miño da Guarda, alzáronse coa medalla de bronce na COPA DE ESPAÑA CADETE que se celebrou este domingo (8 de xaneiro) en Burgos .
Dá Cuña competiu na categoría de -48 kg, gañando todos os seus combates até meterse en semifinais, proba que perdeu pola mínima penalización, ante a numéro un do ranking nacional, pero gañando despois o seu combate pola medalla de bronce.
Romeu competiu na categoría de -60kg. Este mozo judoka leva varias copas de España quedándose ás portas das medallas, pero esta vez gañou todos os seus combates até meterse en semifinais, que perdeu do mesmo xeito que a súa compañeira, pola mínima puntuación ante o segundo clasificado do ranking nacional, pero superando un duro combate de medalla de bronce.
Agora ambos os deportistas continúan os seus adestramentos para a súa próxima cita, o 21 de xaneiro, noutra Copa de España en Hondarribia. Desde o club de judo Baixo Miño e mesmo desde o Concello de Tomiño, dáse o parabén a estes dous mozos polo resultado e polo traballo que fan día a día.