Edificios Administrativos

CASA DO CONCELLO

Plaza de O Seixo s/n

986 622 001 | 002 | 003

Asuntos e trámites administrativos (padrón, rexistro oficial, portelo único, servizos de recollida de lixo, sumidoiros, iluminación, urbanismo, axente de emprego e desenvolvemento local, orientación laboral, …)

concello_tomino_edificioadmon_casadacultura

CENTRO DE SAUDE

Rocha, 36

986 622 562

O Centro de Saúde de Tomiño atende ás demandas de atención primaria e urxencias dos tomiñeses e tomiñesas.Inaugurouse o 1 de decembro do 2008. No seu programa funcional o novo Centro de Saúde de Tomiño dispón dunha área asistencial con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermaría –acadando así un dos obxectivos do Plan de Mellora de Atención Primaria de que exista unha consulta de Enfermería por cada unha de Medicina.

Conta cunha consulta de matrona e unha sala de educación maternal, outra consulta para asistencia social e unha sala de toma de mostras. Ademais, rexistra unha área específica para Pediatría, que dispón dun total de catro consultas: dúas para profesionais da pediatría e outras tantas de Enfermaría.

concello_tomino_edificioadmon_centrosaude

CULTURA

Praza do Seixo

Este departamento depende da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal. O seu obxectivo é realizar a programación de actos culturais ao longo de todo o ano, distinguindo entre programación propia do Concello e programación de actos en colaboración con outras entidades, asociacións, comisión de festas etc.

No ano 2008 a concellaría promoveu a creación do Consello da Cultura de Tomiño, no que están representados os principais sectores, asociacións e persoeiros relacionados coa cultura, a arte nas súas diferentes manifestacións. A idea da Concellaría de Cultura é a de traballar de forma conxunta co Consello na organización de actividades conxuntas e recibir deste órgano o asesoramento e apoio necesario para desenvolver as súas actuacións

concello_tomino_edificioadmon_concello

ESCOLAS INFANTIS

Calle Gondomar s/n

Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. Cun modelo educativo asistencial que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.

Dirección: Ana Belén Domínguez Lemos.

Máis información en:

En breve comezarán as obras da Escola Infantil de Goián, con capacidade para 61 nenos e nenas de 0 a 3 anos, que se sumarán ás xa 46 prazas existentes na escola infantil do Seixo.

concello_tomino_edificioadmon_galescolas

OMIX

Campo da Feira

986 623 304

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) depende da Concellaría de Mocidade.

Entre os seus principais obxectivos están:

  • Fomentar a participación e asociacionismo entre a mocidade
  • Detectar necesidades e demandas tanto informativas como formativas da mocidade
  • Informar sobre posibilidades educativas e laborais
  • Ofrecer actividades e cursos gratuítos

concello_tomino_edificioadmon_omix

SERVIZOS SOCIAIS

Calle Rocha s/n

986 623 211

Este departamento depende da Concellaría de Sanidade e Benestar Social. Está destinado á xestión de axudas, subvencións, subsidios, co fin de apoiar á poboación menos favorecida e con menos recursos.

Organízanse, ademais, diversas actividades, cursos, excursións, especialmente pensadas para a xente maior, con discapacidades, etc.

Inclúe os servizos dun equipo multidisciplinar, formado por psicólogos, orientadores, educadores e técnicos especializados.

concello_tomino_edificioadmon_servizossociais

XULGADO DE PAZ

Calle Colón s/n

986 622 128

Os Xulgados de Paz son tribunais que teñen por obxecto resolver aqueles problemas que pola súa natureza ou contía non alcanzan a chegar aos tribunais ordinarios, permanecendo sen resolver ou resolvéndose de mala maneira, e polo tanto, provocando un dano ao corpo social.

concello_tomino_edificioadmon_xulgadodepaz