EMPREGO

A Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, é un departamento de promoción económica de ámbito municipal que desenvolve as súas actividades desde o ano 1999, momento no que se contratou a axente de emprego e desenvolvemento local.

O seu obxectivo principal como o seu propio nome indica o de facilitar o acceso a un posto de traballo polos desempregados e axudar á implantación de novas actividades económicas no Concello de Tomiño.

Entre as súas funcións pódense destacar:

  • Información e axuda para a tramitación de subvencións: para vivendas, pequenos comercios, artesanía, programas de desenvolvemento rural, etc.
  • Organizar ou colaborar na realización de cursos de formación ou ofrecer información sobre eles. Como os dirixidos a desempregados e traballadores en activo, Escolas obradoiro,   Obradoiros de emprego, etc.
  • Xestión de programas de emprego municipais como plans integrados, programas de cooperación, etc.
  • Apoio e información sobre os trámites xurídicos e administrativos para a creación de empresas.
  • Información dos programas de axudas específicas para empresas de nova creación: mulleres, autónomos, discapacitados, Iniciativas locais de emprego, sociedades laborais, cooperativas…
  • Acompañamento no estudo económico-financeiro de novas ideas empresariais, etc.
  • Asesoramento e información na busca de emprego

Mª del Carmen Fernández López
Axente de Emprego e Desenvolvemento Local – Concello de Tomiño
Praza do Seixo, 1 – Tomiño

986 622 001/02/03

Enlaces de interese
Búsqueda de emprego

 OFERTAS EMPREGO

2 03, 2016

Detectados erros nas actas dos resultados finais do Plan de Conservación e Funcionamento de bens e servizos do Concello de Tomiño 2016, publicamos os resultados definitivos.

Certificado resultado Oficial 1ª carpinteiro.

Certificado resultado carpinteiro axudante.

Certificado resultado condutor operador retroescavadora..

Certificado resultados peón construción.

Certificado resultados Instalador electricista Oficial 1ª

Certificado resultado tecnico administrativo

Certificado resultado Empregado Administrativo.

Certificado resultado Pintor Oficial 2ª

Acta resultado peón xardinería, horticultura

Certificado [continúa…]

 

ver máis ofertas de emprego