O Concello abre o prazo para apuntarse no Programa de Maiores. As actividades comezan o día 7 de marzo no Centro Vontade

O vindeiro luns, 20 de febreiro, ábrese o prazo para apuntarse no Programa de Maiores organizado pola Concellalía de Servizos Sociais do Concello de Tomiño.

As solicitudes de inscrición deben presentarse no edificio do Concello (986 62 20 01), entre as 8 e as 15 horas.

As sesións comezarán o día 7 de marzo no Centro Vontade, os días martes e venres en horario de mañá e terán un custe de 15 euros mensuais.

O Programa de Maiores beneficia a unha treinteina de usuarios e usuarias. Ás actividades que se viñan desenvolvendo de forma habitual como estimulación cognitiva, socio educativas e fisioterapéuticas, engádeselle clases de informática e “Wiiterapia”.

As accións organízanse en tres obradoiros diferentes: de área física, de memoria e socioeducativo e relacional.
A Concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, destacou que “o principal obxectivo do Programa de maiores é promover as relación sociais e a autonomía persoal.”. Explica a edila que o que se pretende é “atender as demandas dos profesionais e dos usurios e usuarias do programa. Os cambios levados acabo teñen que ver coa introducción de melloras no funcionamento das actividades e co aumento das horas. Estes cambios virán favorecer a calidade do servizo que vimos prestando dende o Departamento de Servizos Sociais”.