O Grupo San Roquiño de Goián estrea esta fin de semana (22 e 23 de outubro) a súa nova longametraxe “Anriquito”

Dentro do Outono Cultural organizado polo Concello, o Grupo San Roquiño de Goián, estrea esta fin de semana (22 e 23 de outubro) a súa nova longametraxe duns 80min. de duración, inspirada nunha canción dos anos 50´s: “Anriquito – Unha historia de amor ghoianesa”.

Nesta nova longametraxe participan máis dun cento de veciños, contando coa tamén coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o profesor da Aula Cemit, Dani Ozores, o dj Adrián Mesu, o fotógrafo Marcos Rodríguez, e o recoñecido compositor local Andrés Álvarez, entre outros.

Contan co apoio da Comunidade de Montes de Goián e da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, aínda que manifestan que os seus proxectos desenvólvense a custo 0€, contando coa predisposición, axuda e colaboración de numerosas persoas que ceden ou prestan casas, coches, “attrezzo” (utilería) ou todo aquelo que precisen para as gravacións.

Durante esta estrea recollerase un kg. de comida por persoa (opcional), que será entregado a SOS Tomiño, colectivo que traballa coas familias máis desfavorecidas da comarca.

Ademais, presentarase un nodo de 10min. con guión de Rosendo Cholrro.

SÁBADO 22 DE OUTUBRO:

1ª sesión ás 19:00h
2ª sesión ás 21:00h


DOMINGO 23 DE OUTUBRO:

1ª sesión ás 18:00h
2ª sesión ás 20:00h

 

EXPOSICIÓNS

Por outra banda, permanecen abertas no auditorio dúas exposicións; unha de fotografía e outra de humor gráfico.