O tomiñés Brais Pereira logra a medalla de bronce no nacional de judo

O pasado sábado celebrouse en Pinto (Madrid) o campionato de España Junior de judo, no que participou o judoka tomiñés BRAIS PEREIRA AMORIN do CLUB DE JUDO BAIXO MIÑO, que chegaba como un dos favoritos a facerse co título da categoría, tras a súa clasificación directa por ser o 3º no ranking nacional .

O deportista  gañou todos os seus combates ata as semifinais, nas que caeu nunha disputada ofensiva, ante o madrileño que se alzaría logo co título. Aínda así Brais repúxose e gañou a medalla de bronce pola máxima puntuación IPPON, demostrando así ser un dos mellores judokas do ámbito nacional na súa categoría.

O judoka viaxa o próximo fin de semana a Coímbra para participar na COPA DE EUROPA JUNIOR e tentar puntuar a nivel europeo.

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, fai chegar a Brais, en nome de todo o equipo de goberno, os seus parabéns e deséxalle moita sorte na próxima competición.