Tomiño celebrou a súa terceira Gala do Deporte con premios individuais e colectivos

Entre as novidades desta 3ª gala, houbo premios sobre os valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “unha vida adicada o deporte”.

 

O pasado  sábado, 25 de marzo, celebrouse a III Gala do Deporte en Tomiño. No acto, que tivo lugar no Auditorio de Goián, fíxose entrega de diferentes premios aos deportistas destacados durante o último ano.

 

Entre estes galardóns estiveron os de mellor deportista masculino e feminino, e mellor evento deportivo ou deportista con maior proxección de Tomiño.

 

Entre as novidades desta 3ª gala, figura un premiorelacionado cos valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “Unha vida adicada o deporte”.

 

Os resultados foron os seguintes:

 

Mellor deportista masculino :

Rubén Millán  (Piragüismo).

 

Mellor deportista feminina:

Iría Rodríguez (triatleta).

 

Mellor evento deportivo:

Campionato galego integrador organizado pola Asociación SEN AMARRAS.

 

Mellor adestrador:

Jacobo Vázquez.

 

Mellor promesa masculina:

Hugo Domínguez.

 

Mellor promesa feminina:

Alba Soutelo.

 

Mellor club base:

Club Deportivo Miño “Os Teixugos”.

 

Mellor equipo de fútbol:

Tebra FC.

 

Mellor entidade colaboradora co deporte:

Protección Civil de Tomiño.

 

Mencións especiais:

Tomiño FC por ascender a segunda rexional.

Tomiño base, campións categoría xuvenil.

Adrián Vaz (Karts).

 

Premio vida adicada ao deporte:

Iria Leiros (Kung fu).

Diego Silva do Choco FC.

 

Coma nas edicións anteriores, o encargado de presentar a gala, foi Terio Carrera, nesta oportunidade, acompañado polo actor “Pepo os Suevos”.

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, salientou a gran calidade dos deportistas locais, animándolles a seguir na mesma liña de esforzo e superación.