En caso de choiva aprazarase para o vindeiro venres, 3 de marzo.

Mañá, venres 24 de febreiro, unha vintena de comparsas daranse cita no XX  Venres de Foliada tomiñés, un dos desfiles máis multitudinarios da comarca, e o primeiro en celebrarse nos concellos da zona.

Máis de 1.500 persoas chegadas dende distintos puntos da provincia, percorrerán as céntricas rúas da vila, con saída dende o colexio Pedro Caselles, ás 21.30 horas.

Entre as carrozas inscritas están as cinco máis importantes de Tomiño: Estrelas da Noite, Revolución Show, Luces de Bohemia, Ciclón e Alecrín.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, agarda que esta vixésima edición do desfile, sexa un éxto de público, como vén ocorrendo ano tras ano, coa visita de varios miles de persoas.