COMO CHEGAR

POR ESTRADA

Vindo polo norte, dende A Coruña, Santiago e Vigo
Accédese pola autoestrada AP-9 ata Tui ou pola autovía Vigo – O Porriño A-52, que continúa ata Tui coa denominación A-55. Ao remate da autovía, antes de entrar en Portugal, colleremos a saída O Rosal – A Guarda, e continuaremos pola estrada PO-552.

Dende Ourense
Pola A-52 ata O Porriño e posteriormente pola A-55 ata Tui.

Dende Portugal
Pola IC-1 ou IP-1 ata Tui e, se vimos dende O Porto, tomaremos a A-41/IC24 ata Viana do Castelo e logo a A28, que vai ata Vilanova de Cerveira. Alí crúzase pola ponte Internacional da Amizade ata Goián e situámonos xa no Concello de Tomiño, na estrada PO-552, que o percorre.

AUTOBUSES

icono_busConexións regulares dende Vigo cos concellos limítrofes da comarca a través da empresa ATSA, que intercomunica todo o Baixo Miño.
Enderezo: rúa Pacífico Rodríguez, 1 36780 A Guarda
Tfno.: 986 610 255

 

FERROCARRIL

trainA liña de ferrocarril que vén dende O Porriño ten parada en Caldelas de Tui e Guillarei, no Concello de Tui, onde paran algúns dos servizos rexionais Vigo – Ourense.
Tfno. información RENFE: 902 240 202

 

AEROPORTO DE VIGO

O aeroporto de Peinador atópase a 9 km de Vigo e a 35 km de Tomiño.
Información 902 404 704