RUTAS A PÉ

Ruta dos petróglifos do Monte Tetón

Tomiño ofrece gran variedade de paisaxes e lugares que percorrer a pé.

Destacamos as rutas dos Petróglifos do Monte Tetón e da Pedra Furada, aínda que tamén recomendamos coñecer Lago da Pedra – río Cereixo; Goián (Espazo Fortaleza, praia e fortificacións); Vilanova de Cerveira (a través da Ponte Internacional da Amizade) e Serra de Argallo.

monte teton

¿Como Chegar?

Dende Tomiño tomamos a estrada PO-351, que conduce a Gondomar. Ao chegar ao alto de Couso, tomaremos un desvío á man dereita seguindo as indicacións dos carteis. A estrada que conduce ao Ecoparque remata nun aparcadoiro onde se atopa a caseta forestal e a partir do cal comezará a nosa rota a pé.

¿Que é?

O itinerario, cunha distancia total de 2,1 km e unha pendente media do 9%, comeza nun miradoiro situado na parte baixa do monte, pasa polos dous petróglifos principais da zona e remata noutro miradoiro, situado no alto do monte.

A ruta complétase cunha área de lecer, con mesas e bancos para facer unha parada no camiño.

A ter en conta

As mellores horas de visibilidade para observar os petróglifos son á primeira da mañá e á última hora da tarde, é dicir, cando o sol non incide directamente nas rochas.

petroglifo Tetón

Ruta da Pedra Furada

¿Como Chegar?

Dende a estrada PO-552 collemos o desvío cara a Figueiró e nas inmediacións da praza principal, onde se atopa o santuario de san Campio, comezan as indicacións da senda peonil, que parte dunha estrada asfaltada que percorre o lugar chamado Muíños. Continuamos ata o remate da estrada asfaltada, onde se atopa unha área de lecer, e alí comeza o percorrido da senda natural.

A ter en conta

Aínda que nos paneis informativos do punto de saída a ruta se define como de dificultade baixa, cómpre ter en conta que o sendeiro discorre por terreo accidentado e de bastante pendente.

¡Que é?

Trátase dunha rota de 1,5 km de interese paisaxístico e natural. Unhas formacións rochosas de gran sigularidade xeolóxica, situadas na parroquia de Figueiró, son o principal polo de atracción desta rota, xunto coas vistas panorámicas que se acadan dende o punto máis elevado.

A zona forma parte da banda xistosa de Monteferro – O Rosal, pertencente ao macizo Ibérico. Xeoloxicamente, caracterízase pola presenza dunha estreita banda de rochas metosedimentarias orientadas en dirección norte-sur, cunha anchura de 1,5 a 4 km. No interior desta banda xistosa existen varios corpos graníticos de menor entidade e un abundante número de diques granítico, pegmalítico e aplítico de dimensións variadas.

A cota máxima de altitude é de 204 m e ofrécenos, por unha banda, unhas impresionantes formacións rochosas furadas pola acción da erosión e, por outra banda, un miradoiro de ampla panorámica.

Concello_Tomiño_Pedra_Furada

Ruta da Aula Aberta da Natureza do Río Furnia

¿Como Chegar?

Dende a estrada PO-552 collemos o desvío xunto o cemiterio de Amorín pasando o cartel indicador (Aula Aberta da Natureza Río Furnia) e seguimos polo camiño de terra, deixando a dereita o campo de fútbol, ata a beira do río. Veremos sobre a esquerda, os primeiros paneis explicativos da ruta. Aquí comeza o percorrido da senda natural.

¿Que é?

Esta nova aula aberta da natureza (posta en marcha pola Concellaría de Medio Ambiente nos primeiros meses do 2010) está pensada especialmente como zona de lecer a autoaprendizaxe e consiste na instalación de varios paneis de diferente tamaño que informan da biodiversidade e características da flora desta zona húmida; unha zona medioambientalmente protexida, na que se pode atopar un bosque de amieiros, máis de 20 especies distintas de árbores e arbustos e 60 especies de pequenas plantas e fentos.

A ter en conta

Trátase dunha ruta de 1,6 km de interese paisaxístico e natural, cunha duración estimada dunha hora. En época de chuvia recoméndase levar calzado axeitado.

concello Tomiño - aula interpretacion rio Furnia-1

concello Tomiño - aula interpretacion rio Furnia-2

concello Tomiño - aula interpretacion rio Furnia-3

Senda do Miño

¿Dónde?

Goián-Eiras

¿Que é?

Tomiño e O Rosal están xa conectados por unha senda que une a praia de Goián (Tomiño) coa de Eiras (O Rosal). Con este proxecto, o Concello de Tomiño deu continuidade á apertura do municipio ao río Miño, cuxo primeiro paso foi a “Recuperación ambiental do en torno da Fortaleza de San Lourenzo e da Praia de Goián”.

As obras da senda, que contaron cun investimento de máis de 76.000 euros, foron financiadas nun 88% por Agader, e a parte restante, polo propio Concello.

Concello Tomiño - Senda Goian-8