Goián recorda “a Toma da Barca” polos portugueses 271 anos despois.

O Centro goianés acolleu na tarde de onte a simbólica celebración da Toma da antiga vila goianésa de A Barca polo exército portugués. Foi un fito histórico que ambos concellos quixeron conmemorar e no que non faltaron pinceladas de historia que Manuel Villa Troncoso e Diamantino Vale Costa se encargaron de relatar.
O evento estivo pragado de anécdotas das relacións entre ambas beiras e nas que non faltaron guiños simbólicos a unha relación de amizade que se ten achegado se cabe aínda máis no tempo.
Tras as guerras de independencia portuguesa, chegou a paz e as relacións entre ambas beiras estabilizáronse. Co paso do tempo e co establecemento dos lindes fronteirizos actuais, as relacións entre poboacións no canto de minguar se acrecentaron. As solidariedades entre ambas poboacións materializouse no contrabando que durante máis de 40 anos uniu a ambos pobos.
Hoxe Tomiño e Cerveira son dous concellos unidos pola fronteira e pola ponte de Amizade que facilita unha relación de veciñanza e cooperación que se remonta a varios séculos e que non fai máis que acrecentarse.
No símbólico acto de onte, os goianes convidaron aos cerveirense a festexar a Toma da Barca polos portugueses. Sen dúbida, un momento curioso e que o vindeiro ano se celebrará en Cerveira.
Na tarde de onte, falouse de historia, do ano 1644 e de actualidade. O presidente da Câmara de Cerveira, Fernando Nogueira, recordounos aquel momento no que os reinos peninsulares estaban unidos por un mesmo monarca pero tamén de que hoxe a ligazón é moito máis forte, falounos da “germinaçâo” entre ambos pobos.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa parte, recordounos os fortes lazos que pese aos conflictos políticos de época moderna, sempre existiron entre ambas poboacións. A Alcaldesa sinalou que “as relacións entre ambas marxes son cada vez máis estreitas. Tomiño e Cerveira comparten axenda en eventos deportivos e seguimos avanzando en proxectos transfronteirizos que reafirman a nosa veciñanza”.