INAUGURADAS AS XORNADAS SOBRE O PROXECTO DE COOPERACIÓN “POTENCIANDO CAPACIDADES EN EL RURAL” O obxectivo do proxecto é crear unha ferramenta que permita mellorar a formación das persoas en risco de exclusión social

Unha vintena de grupos de desenvolvemento rural de toda a xeografía española, celebraron hoxe en Tui, o segundo encontro de traballo organizado pola ADR Maiv – Baixo Miño (EU Rural), no marco da preparación do proxecto “Potenciando Capacidades en el Rural”, co obxectivo de presentalo á candidatura europea dos Proxectos de Cooperación no período 2014-2020, que sairá, probablemente, a final de ano.

Na mañá de hoxe, inauguraron a actividade o alcalde de Tui en funcións, Miguel Ángel Capón Rey, e a presidenta da ADR Maiv – Baixo Miño (EU Rural); Sandra González Álvarez, acompañados pola xefa de sección da Red Rural Nacional, Patricia Martínez Alonso.

O encontro inaugurado hoxe en Tui é o segundo sobre o mesmo tema organizado pola GDR14; que pretender liderar a elaboración e aplicación do proxecto, no caso de que este fora aprobado.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural, implementan as súas estratexias no territorio e xestionan os fondos do programa Leader. Ademais traballan en rede e colaboran a través de Proxectos de cooperación que teñen por finalidade mellorar e acadar un desenvolvemento de todos os territorios de forma conxunta.

Segundo explicou o xerente da ADR Maiv – Baixo Miño (EU Rural), Marco García, o GDR14 ten a intención de liderar o proxecto “Potenciando Capacidades en el Rural”, e con tal motivo, a Red Rural Nacional (dependente do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente), seleccionou de novo a comarca (a primeira reunión celebrouse en Tomiño) para realizar a reunión de traballo entre os socios do proxecto; asentar as bases da cooperación e definir e concretar os obxectivos da iniciativa; entre os que se atopa o de “crear unha ferramenta que nos permita achegar a todas as persoas do rural en risco de exclusión social e baixo nivel de formación, adquirir as competencias claves, necesarias para obter o certificado de profesionalidade”.

 

Máis información:  Persoal Técnico da ADR Maiv –  Baixo Miño: 986 44 30 30

info@eurural.org