Infancia e adolescencia

Dá igual onde naceran, a cor de pel que teñan ou a súa condición económica, todos os nenos e nenas teñen algo en común sen excepción: os seus dereitos. Ser menores de idade non significa que dependan dos dereitos dos seus pais ou nais, senón que pola situación de vulnerabilidade na que se atopan teñen as súas propias prioridades.

 

Dereito a unha vida saudable, á non discriminación, a unha educación de calidade, á protección contra todo tipo de abuso e violencia, a defender os seus intereses ou mesmo a ser escoitado e participar nas decisións que lles afectan dun xeito directo.

 

Todas estas directrices e moitas máis están recollidas na Convención Sobre os Dereitos da Infancia, a folla de ruta que dende 1990 seguen todas as persoas que traballan pola infancia e que achegou unha nova visión sobre os nenos, nenas e adolescentes como suxeitos que tiñan uns dereitos propios que respectar e cumprir.

 

Porque son menores de idade, pero non menores en dereitos.

CONSELLO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA

Que é?

O Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño nace coa intención de establecer unha canle permanente de participación na actividade municipal de nenos, nenas e adolescentes, especialmente para tratar aquelas cuestións que lles afecten dun xeito directo.

 

Coa posta en marcha deste organismo Tomiño segue a dar pasos adiante para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef e que recoñece o labor dos municipios a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, de fomentar a súa participación activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.

Composición e órganos

Proximamente

Regulamento

Proximamente

Formulario de inscrición

Consello de Infancia e Adolescencia de Tomiño

 

Para participar e formar parte do Consello de Infancia e Adolescencia, solicitamos cumprimenten o formulario de inscrición marcando as opcións que autoricen, para os/as menores asistentes aos Consellos de Infancia e Adolescencia ou algunha actividade relacionada cos mesmos.

Encontro estatal

Oviedo será a cidade que acolla a quinta edición do Encontro Estatal de Consellos de Participación Infantil e Adolescente o vindeiro 25, 26 e 27 de maio e no que participarán máis de 200 rapaces e rapazas de arredor de 50 consellos de toda España.

 

Durante tres días intercambiarán experiencias, expoñerán solucións a posibles problemas que lles afecten de xeito directo e traballarán sobre temas como a educación, a protección, a igualdade de xénero, identidades e diversidade, as redes sociais e o ciberbullying, o cambio climático e o modelo de coidados.

 

Neste encontro estatal, que ten lugar cada dous anos, todos e todas as participantes elaborarán a partir das súas reflexións un manifesto conxunto que presentarán ante as autoridades locais e os órganos rexionais e estatais competentes para que as súas voces sexan escoitadas e tidas en conta no deseño de políticas públicas sobre cuestións que lles afectan.

 

O IV Encontro Estatal tivo lugar en Santander. Nel participaron 194 representantes  de 1.200 rapaces e rapazas que acordaron crear un grupo impulsor que funcionara como canle de coordinación para o deseño da metodoloxía e as propostas de traballo para a quinta edición.

 

Tes aquí toda a información sobre este encontro.

O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, Voces Novas, participará neste encontro estatal que se celebrará en Asturias. Será alí onde presenten todo o traballo realizado arredor da igualdade, unha temáticas propostas por Unicef.

 

Nesta curtametraxe, de 5 minutos de duración, reflexionan sobre o trato desigual que reciben os nenos e nenas no eido da educación e na sociedade en xeral. A través da súa protagonista, Estrela, vanse vendo pequenas desigualdades cotiás fronte as que ela decide adoptar unha actitude distinta. A curta presentarase acompañada da seguinte ficha de traballo.

Plan Municipal

I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia. Concello de Tomiño

Informe de situación da Infancia e Adolescencia en Tomiño

Memoria de actividades

Buzón de suxestións

Entra aquí para facerlle chegar ao Consello da Infancia e da Adolescencia aquelas suxestións que creas oportunas. Todas as ideas son benvidas!

X