Infancia y Adolescencia

infancia

Primeiramente, en 1959, as Nacións Unidas aprobaron a Declaración dos Dereitos da Infancia, con dez principios, que aínda que supuñan un paso adiante non cubrían todas as cuestións relativas á protección da infancia. De feito non tiñan un carácter obrigatorio.

 

A continuación, en 1978, o goberno de Polonia presentoulle ás Nacións Unidas unha proposta de convención sobre os dereitos da infancia.

 

Finalmente, en 1989, concretamente o 20 de novembro, acordouse o texto final, de obrigado cumprimento para quen o subscribise, da Convención sobre os Dereitos da Infancia, tras debater durante os dez anos previos, entre gobernos, líderes no eido da relixión , ONG, e outras organizacións. Recolle os dereitos de todas as persoas menores de 18 anos.

 

É por esta cuestión que o 20 de novembro de cada ano, celébrase en todo o mundo o Día Universal da Infancia.

En 1990 pasou a converterse en lei, asinándose por 20 países entre os que se atopaba España, onde entrou en vigor o 5 de xaneiro de 1991.

 

Existe un Comité de Dereitos da Infancia que vixía que os Estados cumpran co seu compromiso. É onde se poden denunciar os casos nos que os gobernos non  estean a cumprir coas súas obrigas nesta materia, posto que os dereitos da infancia deben reflectirse nas políticas que se levan a cabo nos diferentes territorios, asegurando a dignidade e o desenvolvemento de infantes e adolescentes.

 

A 2013 os países sen ratificar a Convención eran Estados Unidos, Sudán do Sur e Somalia.