Iniciase unha semana de cursos e concertos de clarinete no Auditorio de Goián A entrada é gratuíta e conta coa colaboración da Agrupación Musical de Goián, do Concello de Tomiño, Ópera Prima, Henri Selmer Paris Clarinets e Vandoren

Iniciase a semana de cursos e concertos de clarinete no auditorio de Goián

Este luns deu comezo o curso de clarinetes impartido polo grupo internacional Roots4Clarinets do que forma parte Noelia Carrera, tamén compoñente da Agrupación Musical de Goián.

Kúmbal, grupo de música folk, ofreceu este luns o primeiro dos cinco concertos que se van celebrar durante a semana:

  • Martes ás 20h30: Roots4Clarinets (Cuarteto de Clarinete).
  • Mércores ás 20h30: Berenguela Dúo (Guitarra e Clarinete).
  • Xoves ás 20h30: Hadhietxekos (Quinteto de Clarinetes).
  • Venres, xornada de clausura: ás 16h30 exposición de instrumentos e accesorios levada a cabo por Ópera Prima e ás 20h concerto do alumnado do curso do festival (musica de cámara e ensamble de clarinetes).

A entrada é gratuíta e a súa organización conta coa colaboración da Agrupación Musical de Goián, do Concello de Tomiño, Ópera Prima, Henri Selmer Paris Clarinets e Vandoren.

ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE GOIÁN | www.bandadegoian.gal



X