Inspección técnica de ciclomotores, día 13 de marzo, na explanada da Policía Local

O vindeiro luns 13 de marzo, a Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores, desprazarase a Tomiño para realizar as revisións correspondientes a ciclomotores e quads.

Será na explanada da Policía Local en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

A cita poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou ben no teléfono 902 30 90 00.