Inspección técnica de vehículos lixeiros días 19, 20 e 23 de maio na zona empresarial Gabín-Forcadela

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase a Tomiño co fin de realizar as revisións periódicas de turismo, vehículos lixeiros (masa menor ou igual a 3500 Kg.) , os días 19, 20 e 23 deste mes.

As inspeccións levaranse a cabo na zona empresarial Gabín-Forcadela en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00, agás o día 23 que so será en horario de mañá.

As citas previas poden solicitarse no teléfono 902 309 000, ou a través da páxina web www.sycitv.com.