Inspección técnica para ciclomotores, motocicletas e quads

O día 15 de marzo terá lugar en Tomiño unha inspección técnica periódica de ciclomotores, motocicletas e quads.

Entre as 9.00 e 13.30 pola mañá, e entre as 15.15 e 18.00 horas pola tarde, a inspección técnica levarase a cabo na explanada diante da Policía Local.

A cita poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou ben, chamando ao teléfono 902 309 000.

Aos vehículos que se presenten sen cita asignaráselles unha hora directamente na estación móbil, segundo a disponibilidade do servizo.