Luís Bará presenta en Tomiño “Non deas a esquecemento”, un libro sobre a memoria histórica. A presentación terá lugar no mercado, mañá ás 21.00 horas, dentro da programación cultural de primavera

Luís Bará presentará mañá, venres 19 de maio, no Mercado de Tomiño o seu libro “Non deas a esquecemento”, un traballo sobre a memoria histórica que recompila os artigos publicados no blogue do propio autor; relatos do xenocidio fascista en Galicia.

A presentación terá lugar no primeiro andar do mercado, ás 21.00 horas, e forma parte da programación cultural de primavera, que remata o vindeiro sábado, 20 de maio, coa obra “Pai non hai máis que un”, do grupo de teatro Lope de Vigo (Auditorio de Goián, 22.00 horas, entrada 2 euros).