Maiores tomiñeses elaboran tapices florais que poden verse no Mercado Municipal

A Concellaría de Servizos Socias do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez, organizou unha actividade co grupo de maiores tomiñeses que traballan nos obradoiros, coa finalidade de fomentar un ocio creativo e lúdico e potenciar as capacidades intelectuais e destrezas tamén neste tramo de idade.

Tapices maiores 2

Nesta ocasión tratouse de facer tapices florais, en cuxa elaboración participou unha vintena de persoas maiores. As obras elaboráronse no renovado Mercado Municipal, donde quedaron expostas.

Por outra banda, a devandita concellaría presta o servizo de axuda no fogar a unhas 70 persoas, maiores, en situación de dependencia ou en risco de exclusión social.

Nestas semanas, o Concello está renovar o convenio cunha empresa adxudicataria, co fin de asegurar a continuidade do programa.

Para complementar o servizo de apoio cidadá, o Concello posúe 20 camas articuladas que presta gratuitamente a persoas enfermas da vila. A empresa adxudicataria, pola súa banda, prestará tamén varias camas, grúas, servizo de podoloxía, etc.