Máis de 150 rapaces e rapazas de Tomiño correrán o ‘Campo a través de Soutelo’ Participa alumnado do CEP Pedro Caselle Beltrán; dos CEIP Barrantes, de Sobrada e Pintor Antonio Fernández de Goián; do IES Antón Alonso Ríos e do Club Trega

Máis de 150 rapaces e rapazas de Tomiño competirán este sábado 18 de novembro na carreira ‘Campo a través de Soutelo’, unha proba organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño que nesta edición se celebrará na Área Deportiva O Borralliño, en Soutelo, no concello de Salceda de Caselas.

Encadrada no marco do deporte escolar promovido por XOGADE, as probas comezarán ás 10.30 horas coa carreira da categoría benxamín, para dar paso despois a alevín, infantil e cadete. Nesta edición participarán alumnos e alumnas de cinco centros educativos tomiñeses, así como membros do club de atletismo Trega. O CEP Pedro Caselle Beltrán é o colexio con máis participantes anotados, 64, seguido do CEIP de Sobrada (29), do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián (25) e do Club Trega, do CEIP Barrantes e do IES Antón Alonso Ríos.

En total, máis de 520 nenos de Tomiño, O Rosal, Salceda e Tui participarán este sábado na proba.



X