26 Set 2016 Máis de 3000 persoas visitaron o Bio-mercado de Tomiño, o dobre que na primeira edición

  • No interior do mercado municipal, os praceiros ofreceron degustacións de produtos ecolóxicos
  • Os obradoiros e actividades complementarias espertaron tamén moito interese

 

Máis de 3000 persoas (o dobre que na primeira edición) visitaron o segundo Bio-Mercado celebrado este domingo en Tomiño, na céntrica Praza do Seixo e dentro do mercado municipal, con máis de setenta postos de comida saudable, artesanía, cosmética, horta ecolóxica, mel, plantas e un longo etcétera. Ademais, os praceiros do Mercado Municipal ofreceron degustación de tapas e pinchos a prezos populares, logrando un cheo absoluto por parte do público.14492511_1136284819771554_7733815163418290110_n

Carlos Rodríguez, coordinador do evento, explicou que nesta segunda edición se priorizou a oferta gastronómica, aumentando o número de postos de comida, aínda que tamén houbo artesanía, antigüidades, produtos de segunda man, etc.

Coma novidades, sumáronse tamén postos de horta e plantas, mel, polbo, cosmética natural, cervexa artesá, demostración de cociña vegana e con especias; curso infantil sobre cultivo de horta, etc.14448955_1136236173109752_2582808413991389689_n

Por outra parte, o bio-mercado contou cunha vertente lúdica e de actividades moi interesantes para adultos e público infantil, como as relacionadas co mundo ECO, que complementaron a celebración, así coma un espectáculo de maxia, sesión de Zumba, etc.

IMG-20160925-WA0009

Dúas mostras puxeron a nota cultural e divulgativa á xornada do domingo: exposición de fotos antigas de Tomiño, no primeiro andar do mercado, e de minerais, na planta baixa.

 



X