13 Xul 2015 Máis de 320 nenos e nenas participan nas actividades de verán organizadas polo Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño ven de iniciar as actividades de verán para os máis pequenos. Actividades deportivas como o campus de fútbol ou tenis e culturais como o campamento musical forman parte da oferta de verán municipal.
Máis de 320 nenos e nenas se ven beneficiados dunha programación que aposta polo deporte de base e polo lecer. Actividades que fomentan o traballo en equipo, a comunicación e as relacións entre nenos e nenas de diferentes idades e lugares.
Nenos e nenas de entre 3 e 13 anos son os principais beneficiarios, mais tamén os adultos que participan en actividades como pádel, piragüismo ou ioga.
Algunhas das actividades inclúen merenda como o campus de fútbol e o campamento musical e outras inclúen equipaxe para a prática do deporte.
As sete actividades que oferta o Concello son organizadas en colaboración cos clubes de fútbol, de piragüismo, e coa Agrupación musical de Goián. Ademáis, o campamento urbano conta coa participación do grupo de voluntarios da OMIX.
A duración das actividades exténdese nalgunhas ao mes de agosto, como acontece con piragüismo, tenis e pádel. Outras ademáis inclúen o mes de setembro como ioga tibetano.
Todo un abano de actividades lúdicas que permitirán a conciliación laboral e familiar de moitos fogares que durante as vacacións estivais teñen dificultades para coordinar as ocupacións dos máis pequenos.
A concelleira de Cultura e Deporte, Cristina Martínez destaca “ a importancia para moitas familias a programación xa que permite que os nenos e nenas poidan manter actividades durante o período de vacacións escolares e que o fagan con práticas saudables como o deporte.”



X