Máis de 40 pintores participan na terceira edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández

O Concello de Tomiño celebrou na xornada de hoxe a terceira edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández.

O mal tempo non conseguiu estragar o traballo de máis de 40 pintores procedentes de todos os rincóns de España e Portugal. Goián volveu ser o centro de atención dos pinceis dos pintores e pintoras que participaron neste certame de pintura ao aire libre.

Nesta terceira edición aos participantes habituais sumáronselle novos asistentes que veñen a confirmar a consolidación deste certame.

Os participantes atopáronse nesta edición con varias novidades como a posibilidade de poder inscribirse de forma presencial no mesmo día do certame, da incorporación de novos premios ou mesmo do adianto da hora de entrega das obras pictóricas o que facilita o desprazamentos dos participantes foráneos.

A xornada comezou co selado das obras de 09h30 a 11h00 na Aula Museo Antonio Fernández e coa visita a esta sala de exposicións do coñecido pintor que dá nome ao certame. A entrega de obras fixose para ás 17h00, sendo a exposición ao público de 17h00 a 18h30. As 18h30 dictouse o fallo do xurado e entrega de premios.

Os premiados foron:

1º Premio con 1.000€ para Raúl Gil Burés

2º Premio con 500€ para Lolo Serantes

3º Premio con 300€ para Juan Carlos Triñanes Buceta

4º Premio con 200€ para Samuel Fernández Armas

Os primeiro, terceiro e cuarto premio son financiados polo Concello de Tomiño e o segundo con cargo ao orzamento da Comunidade de Montes de Goián.

A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, resalta “a importancia de celebrar este tipo de encontros culturais, e sobretodo nestes tempos difíciles nos que a cultura tense visto afectado de especial xeito”. Segundo Martínez “as institucións públicas debemos apoiar e fomentar os encontros culturais como este certame que ademáis día a día se ve consolidado no panorama artístico galego”.

A Alcaldesa de Tomiño pola súa parte, destacou “a calidade das obras así como o alto número de participantes”. Sandra González “agradeceu o traballo de todos os pintores e pintores, moitos deles vidos de lonxe, e ao xurado por colaborar desinteresadamente para que un ano máis o certame fora un encontro de pintura rápida”