Máis de 500 vivendas de Tomiño notarán unha notable mellora no subministro de auga, grazas a un aumento de presión

  • A medida, que se aplica dende onte, permitirá que poidan beneficiarse máis de 1300 veciños e veciñas do núcleo urbano

  • O Concello aconsella revisar o sistema de distribución comunitario ou particular de cada vivenda, co fin de que o aumento de presión non dane as instalacións xa existentes

Onte luns, 17 de outubro, entrou en funcionamento un novo grupo (bomba) de presión de auga no núcleo urbano do Seixo.

A medida responde a unha vella aspiración da veciñanza, especialmente da que vive en edificios e máis concretamente, nas últimas plantas, onde a presión era insuficiente.

Deste xeito, un total de 500 vivendas do núcleo urbano, que contan co servizo municipal de abastecemento de auga, resultarán beneficiadas con esta mellora, posibilitada pola posta en funcionamento dun novo grupo de presión, financiado a partes iguais pola empresa concesionaria e o Concello.

Segundo explica o concelleiro de Obras, Francisco Campo Lago, usuarios e usuarias da zona do Seixo, notarán una notable mellora na calidade do subministro, pasando do 2 e 2,5 ao 3,5 ou 4 kg., en función do emprazamento da vivenda ou local. A nova bomba de presión, permitirá tamén, que poidan aboarse as casas ou comunidades que aínda non contan co servizo de abastecemento de auga, co que se beneficiarían máis de 1300 habitantes da zona do Seixo e arredores.

O concelleiro lembra a conveniencia de revisar o sistemas de distribución de auga, tanto no caso das comunidades de veciños, coma no de vivendas unifamiliares.

Para máis información ou posibles incidencias, pódese chamar aos teléfonos 911 779 126 ou 911 779 123 (atención técnica da empresa responsable do subministro. Aqualia).