07 Set 2016 Medio centenar de fotos antigas de distintas épocas, ilustra as Festas do Alivio de Tomiño

O programa organizado polo Concello inclúe unha ampla oferta de actividades, con música tradicional, bandas, inchables e nomeamento do tomiñés distinguido, entre outras

 

Até o vindeiro luns, 12 de setembro, pode contemplarse no Mercado Municipal (2º andar) máis de medio centenar de fotos antigas de distintas épocas e temáticas.DSC_0607 (Copy)

A exposición “Tomiño en fotos”, que forma parte do programa cultural das festas patronais da Virxe do Alivio, pertence ao Arquivo Fotográfico Fotomiño, que cedeu as instantáneas, colleitadas a través do tempo de man de particulares, asociacións, etc. e recuperadas.

Entre as fotos expostas atópanse algunhas moi antigas, coma unha da Escola Aurara do Porvenir, de 1927, ou outra do veciño de Goián Pablo Pousa, historiador afeccionado e irmán maior do recordado pintor Xavier Pousa. A instantánea foi tomada no ano 1932 cando Pablo era pequeno e aparece no colo da súa nai observando animais nun cortello.

DSC_0615 (Copy)

Na mostra podemos tamén observar unha foto do primeiro equipo de fútbol de Tomiño, tomada nos anos ’50; mulleres diante do desaparecido Cine Goya, de Goián (1956), Entroido de Goián (1961), ou autobuses recollendo xente fronte ao Bar Canta Manaña, para ir ver o fútbol (1970).

Asemade, podemos contemplar imaxes da procesión do Alivio dos anos ’60; Nosa Señora da Peregrina de Estás (1962), xantar popular na Gándara, ou Escola de Dona Mª Sabaríz. Goián. 1940.

Cristina Martínez, concelleira de Cultura e Servizos Sociais, agradece a xentileza de Fotomiño e convida a todos os tomiñeses, tomiñesas e foráneos a visitar a exposición, situada na segunda planta do mercado municipal.

O programa organizado polo Concello inclúe unha ampla oferta de actividades, con música tradicional, bandas, inchables e nomeamento do tomiñés distinguido, entre outras.

 



X