Medio millar de bailaríns e bailarinas daranse cita esta fin de semana en Goián no concurso “Dance Miño”

Esta fin de semana, o Auditorio Municipal de Goián, acollerá perto de 500 bailaríns e bailarinas, dunhas 20 escolas e grupos de danza españois e portugueses no “Dance Miño”; un concurso internacional de danza, organizado por ADEIXA (Asociación de Danza do Eixo Ibero Atlántico), coa colaboración do Concello de Tomiño.