Melloras na estrada PO 344 no tramo Cotro-Pedra

O Concello de Tomiño informa das obras de mellora de asfaltado e de seguridade viaria na estrada PO 344, no tramo que une os barrios do Cotro coa Pedra.
A Xunta de Galicia está levando a cabo obras no pavimento co asfaltado da vía e a colocación de lomos de asno co fin de mellorar a seguridade viaria.
Esta é unha intervención que viña pedindo o Concello de Tomiño por mor das queixas dos veciños e veciñas debido aos problemas de seguridade derivados do exceso de velocidade.
O Concello de Tomiño agradece a colaboración e paciencia aos veciños e veciñas polas dificultades que poidan causar ditas obras.