Monte Tetón

O monte Tetón, situado na parroquia tomiñesa de Tebra, ten un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes do sur de Europa, no que se atopan preto de 200 gravados en rochas da época do Calcolítico – Idade de Bronce (2500 – 900 a. C). É arredor destes xacementos onde nace o Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, un espazo creado cultural e lúdico creado polo Concello de Tomiño en colaboración coa Comunidade de Montes de Sta. M.ª Tebra que procura a posta en valor do patrimonio natural e arqueolóxico da zona. Un enclave único no que as persoas visitantes poden gozar de retazos de historia a través de espléndidos petróglifos e facelo nunha contorna paisaxística inigualable.

Aínda que a maior concentración en Galicia destes gravados prehistóricos atópase ao longo do curso do río Lérez e nas marxes das Rías Baixas, o Monte Tetón acolle nas súas ladeiras un dos conxuntos de petróglifos máis significativos e importantes do suroeste da comunidade, os de As Portaxes e Real Seco.

Formado por 18 círculos e cun diámetro de case 250 cm, o petróglifo das Portaxes é considerado como a segunda combinación circular máis grande de Europa. Este afloramento granítico é o que presenta unha maior cantidade de gravados, de entre os que destacan as combinacións circulares, grupos de cazoletas, formas cuadrangulares, escenas de monta ou figuras humanas.

Ao seu carón atópase o petróglifo de Real Seco, posiblemente o labirinto circular máis grande do continente europeo coa súa impresionante formación de aneis concéntricos de 350 cm de diámetro máximo, aínda que moi gastado polo paso do tempo e pouco visible.

O monte Tetón, situado na parroquia tomiñesa de Tebra, ten un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes do sur de Europa, no que se atopan preto de 200 gravados en rochas da época do Calcolítico – Idade de Bronce (2500 – 900 a. C). É arredor destes xacementos onde nace o Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, un espazo creado cultural e lúdico creado polo Concello de Tomiño en colaboración coa Comunidade de Montes de Sta. M.ª Tebra que procura a posta en valor do patrimonio natural e arqueolóxico da zona.

+ info

Un enclave único no que as persoas visitantes poden gozar de retazos de historia a través de espléndidos petróglifos e facelo nunha contorna paisaxística inigualable.

X