mozos e mozas de Tomiño visitan Estonia no seo do “youth exchange Info-see it for yourself”

Mozos e mozas de Tomiño participaron nun encontro entre mocidade de diferentes países como Gales, Lituania, Estonia e Italia. O encontro tivo lugar en Estonia e durantes seis días, a mocidade tomiñesa tivo oportunidade de intercambiar ideas sobre voluntariado, información xuvenil, emprego, educación formal e informal, etc dando a coñecer a nosa cultura e lingua. O programa no que parcitiparon YOUTH EXCHANGE “INFO-see it for yourself”, aglutiounou a máis dunha treintena de persoas que ademáis puideron coñecer de primeira man o programa Erasmus +.

Novamente a mocidade de Tomiño, ten a opurtinidade de participar nun econtro europeo a través da participación do programa de voluntariado. Dar a coñecer a nosa cultura e coñecer de primeira man o programas de mocidade europeo son os principais obxectivos deste programa que ano a ano pon a Tomiño no mapa europeo.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, felicitou a estes mozos e mozas de Tomiño “que representaron ao municipio en Estonia e que en cada ida e vida non só dan a coñecer a nosa cultura senón que nos achegan as novidades en material xuvenil”.
foto voluntarios estonia