Música da banda viguesa ‘Welli Kings’ e solta de faroliños de ceo para celebrar a candidatura a fondos europeos do Programa Leader

Tomiño acolleu onte á noite o acto de remate do proceso participativo do Grupo de Desenvolvemento Local GDR14, que aglutina trece concellos da zona, cun concerto da banda viguesa ‘Welli Kings’ e solta de faroliños de ceo.DSC_0455 (Copy)

Na velada presentouse o documento coa candidatura final para xestionar os fondos LEADER no novo período 2014-2020, co que o GDR 14 opta a xestionar entre 3 e 5 millóns de euros.

A tomiñesa Praza do Seixo foi o escenario para a presentación da candidatura final, resultado do traballo dos últimos 3 meses, e no que a poboación participou activamente, dando ideas e facendo propostas, na elaboración da estratexia que define as liñas de investimento que serán prioridade neste período, para traballar polo desenvolvemento do territorio.

DSC_0429 (Copy)

A presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR14, Sandra González, resaltou a oportunidade única que supón o Programa LEADER Galicia 2014-2020 para seguir traballando no desenvolvemento do territorio rural, e puxo en valor o carácter participativo que xerou o documento. Agradeceu asemade o apoio e implicación co proceso de candidatura dos alcaldes e poboación dos trece concellos envolvidos.

O acto contou coa animación da banda viguesa Welli Kings, que fixo un percorrido musical a través de éxitos de todos os tempos, e tamén das cancións tradicionais de Galicia revisadas, fusionadas e re inventadas.

Ademais e como acto simbólico da finalización do proceso participativo, o público asistente terá a misión de facer unha solta defaroliños de ceo, que iluminaron durante uns minutos o ceo tomiñés.

DSC_0433 (Copy)

 

Máis información:

Eva Gil – Persoal Técnico do GDR Maiv Baixo Miño: 647 52 19 76. info@eurural.org