17 Mai 2014 Tomiño celebra o día das Letras Galegas coa recollida de refrans e verbas tradicionais, feira do libro, música de banda e obradoiros

A Praza do Seixo acolleu a partir do mediodía diferentes actos conmemorativos O Concello de Tomiño, dedicou este ano o Día das Letras á tradición popular. Con este fin, durante toda a xornada de hoxe, na Praza do Seixo, alumnado dos centros educativos e membros de asociacións de ámbito local, acompañados de música tradicional e de regueifas, celebraron o Recital oral de tradición popular. A praza do Concello acolleu, ademais, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, unha Feira do Libro e outros actos lúdico-culturais, durante toda a xornada.
Leer máis

13 Mai 2014 TOMIÑO PON EN MARCHA UN PROXECTO DE RECOLLIDA DE INFORMACIÓN DE TRANSMISIÓN ORAL COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Feira do libro, obradoiros infantís e música tradicional na Praza do Seixo forman parte dos actos complementarios previstos para o sábado 17 A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño adica o Día das Letras 2014 á tradición popular do municipio. Con este fin, o sábado 17 de maio, na Praza do Seixo, alumnado dos centros educativos e membros de asociacións de ámbito local, acompañados de música tradicional e de regueifas, celebrarán o Recital oral de tradición popular.
Leer máis
X