Novo triunfo dos Teixugos na segunda competición da Liga Galega de Slalom

Na mañá deste sábado tivo lugar a 2ª competición da Liga Galega de Augas Bravas 2016. Celebrouse no río Tea, en Alxén, Salvaterra do Miño, nesta ocasión organizada polo Club Piragüismo Penedo.

Participaron unha centena de deportistas das categorías sénior, júnior, cadete e infantil. O Club Deportivo Miño acudiu con 10 deportistas que fixeron un total de 14 participacións pois algúns deles fixeron dobre participación, baixando en kaiak e canoa.

Andrea González, na categoría sénior, gañou en C1 e quedou segunda en K1. Na mesma categoría Laura Alonso quedou segunda en C1 e terceira en K1. Na categoría júnior, Brais Castro, gañou en C1 e quedou terceiro en K1 e Manuel Ochoa gañou en k1 e quedou segundo en C1. Ariadna Pereira foi prata en K1 Infantil.

Sumando polo tanto tres ouros, catro pratas e dous bronces para os Teixugos.

Na puntuación final por equipos os Club Deportivo Miño-Teixugos quedou en primeiro lugar con 172 puntos, seguido polo Club Tea de Mondariz con 167 e terceiro o Club Penedo con 112.

A seguinte cita será vindeira fin de semana na 1ª Competición da Copa de España que se celebrará na canle da Seu D´Urgell, e que ademais será selectiva para conseguir praza para o equipo nacional.

Texto: Rosa Ferández Carrera

Fotos: https://goo.gl/photos/nQGDh2az1dHLAQiLA