O AGDR MAIV-BAIXO MIÑO ORGANIZA UN SEMINARIO EN TOMIÑO SOBRE NOVAS ALTERNATIVAS PARA O AGRO

Tras o éxito da Xornada celebrada o pasado marzo en O Rosal sobre os froitos do bosque, o Grupo de Desenvolvemento Rural da Área de Vigo-Baixo Miño, organiza o próximo xoves 15 de abril na casa da Cultura de Tomiño durante todo o día unha Xornada sobre “Novas Alternativas para o Agro: produción, transformación, comercialización”. Entre outros produtos, falarase da camelia, o lúpulo, as castañas, o mel, o aceite, os mirabéis, a mazá ou os aguacates.

No acto, no que colaboran a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño, participarán a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a IXP Castaña de Galicia, Hijos de Rivera (propietarios de Estrella Galicia), Lutega, a SAT Abella Lupa, Eurobanan, Cervezas Menduíña, Aceiroga, Afrugal, Fungocerga ou Froitas do Rosal.

A asistencia á na Xornada será gratuÍta, só se require enviar un correo electrónico a info@agdr18.org ou chamar ao 986-44 30 30, indicando o nome, DNI e teléfono de contacto. As prazas son limitadas.

Máis información en: www.agdr18.org