O alumnado de Aproveitamento e conservación do medio natural do IES Antón Alonso Ríos amplía os seus coñecementos Santiago Estiveron dous días de prácticas no CIFP, onde puideron manexar o único simulador virtual de procesadora e autocargador forestal de Galicia

O alumnado do ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural do IES Antón Alonso Ríos continúa coa súa formación máis alá de Tomiño. Os e as estudantes tiveron a oportunidade de acudir ao Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela para poder participar nun curso especializado no que aprenderon o manexo de distintas ferramentas. Este centro, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, é o único en Galicia que dispón dun simulador virtual de procesadora e autocargador forestal.

Os e as estudantes que están a cursar este ciclo medio no IES Antón Alonso Ríos sóamente pode realizar prácticas con motoserra e con tractor. Por este motivo, este curso resultoulles moi beneficioso xa que, ao longo de dous días, puideron adquirir formación práctica co simulador de colleitadora e co manexo de autocargador e de procesadora forestal e así ampliar as súas oportunidades de traballo no sector forestal, que demanda cada vez máis a profesionais especializados neste ámbito.