O BARRIO DE HOSPITAL CONTA CUN NOVO ESPAZO PÚBLICO QUE ESTRENARÁ COA CELEBRACIÓN DAS FESTAS DA VIRXE MILAGROSA

O lugar, acondicionado polo Concello coa colaboración da asociación veciñal, servirá tamén coma espazo de ocio e esparcemento, e está enmarcado dentro do plan de humanización impulsado polo goberno local

O Concello de Tomiño, en colaboración coa Asociación Virxe Milagrosa, de Hospital, vén de acondicionar un novo espazo público anexo ao Centro Social e Cultural deste barrio, tamén remozado hai un tempo polo ente municipal.

Respondendo a unha vella demanda da veciñanza, o Concello procedeu ao arranxo deste novo lugar, que a partir de agora, fará as veces de lugar de ocio e lecer e torreiro de festas.

As obras, que se realizaron con fondos municipais, incluíron a reparación e colocación de pavimento pulido, bancos, etc. Os custes sufragáronse en parte con fondos da propia asociación. Deste xeito compartido, foi posible executalas nun corto período de tempo, para que estivesen rematadas nestas datas, xa que o barrio de Hospital celebra a vindeira fin de semana a festividade da Virxe Milagrosa e o Día da Nai.

Esta nova obra, enmárcase no plan de humanización e urbanización que o Concello está a levar a cabo nos últimos anos, tanto no casco urbano, coma nas parroquias, co fin de dotar de espazos de lecer e servizos á veciñanza.

A presidenta da Asociación Virxe Milagrosa, Cristina Pombal, agradece publicamente o apoio municipal para a creación deste novo espazo público de ocio e lecer, que permitirá celebrar novas actividades, ao longo de todo o ano e especialmente no verán.

Esta fin de semana, celébranse as festas da Virxe Milagrosa e o Día da Nai; unha data que o barrio festexa dende hai anos, agasallando a todas as nais cunha rosa. Será o domingo 4 de maio ao mediodía.

O centro cultural alberga estes días unhaexposición de manualidades.

[justified_image_grid]