O Biomercado reune a máis de 1.000 persoas na Praza do Seixo.

praza mentres clases zumbaO Concello de Tomiño ven de celebrar o Biomercado no día de onte onde máis de 1.000 persoas se achegaron até o Seixo.
A programación contou coa participación dun numeroso público que non dubidou en sumarse ás actividades de zumba da man de Andreia Aguilar e de ioga coa monitora Andrea Serrano do Centro Almiña Ioga de Tomiño.
A programación xa comezou pola mañán coas activiadades lúdico deportivas de risoterapia de Javier Ruiz ao que logo lle seguiu o obradoiro para os máis pequenos a cargo de Servando Barreiro.
Estas actividades celebráronse na Praza do Seixo e no mercado municipal onde ademáis a pintora Rosa Porto mostrou a súa obra cunha exposición titulada “Pintar a Natureza”.
Mais o Biomercado non só foron actividades lúdicas e deportivas para todos os públicos, foi unha grande feira na que os productos bio foron a grande estrela. No día de onte a Praza do Seixo contou con postos de horta, comida e bebida na que a alimentación begana tivo un oco moi especial; tamén, tivo o seu sitio a repostería caseira, a panadería artesanal, a cosmética natural, a ropa feita a man, …
Onte foi un día ademáis na que os praceiros participaron cunha xornada de portas abertas na que ademáis de dar a coñecer o mercado municipal, ofertaron os seus productos de forma excepcional.
Esta feira forma parte do conxunto de actividades organizadas polo Concello de Tomiño en colaboración cos praceiros co fin de promocionar o mercado municipal e de fomentar a alimentación e hábitos saudables.
A programación “Tomiño con sabor” contou cun curso de cociña para nenos e nenas que rematou na mañán de onte. A vindeira semana iniciaranse novos cursos e campañas como curso de cociña para homes, campaña “mercando con xeito” ou “sábados con sabor”.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou “a boa acollida desta feira ecolóxica que conseguiu encher a Praza do Seixo e que tivo a oportunidade de disfrutar da noso mercado e coñecer tanto as instalacións como o producto de primeira calidade que se vende nela”. Segundo González, o “Seixo estase a converter cada vez máis nun lugar de referencia e nun punto de encontro a onde acuden veciños e veciñas da comarca, o cal nos alegra xa que repercute de xeito positivo no tecido empresarial do municipio”.