O BioMercado reunirá máis de 60 postos de produtos ecolóxicos, artesanía, música e gastronomía Tamén haberá charlas de emprendedores e actividades lúdicas e infantís durante toda a xornada

O BioMercado de Tomiño reunirá na praza e no mercado un total de 65 postos, o vindeiro domingo, 30 de setembro, ao longo de toda a xornada.

Horta ecolóxica, plantas, árbores, sementes; queixos, embutidos, licores, viños, conservas, doces, cafés e infusións; reciclaxe, segunda vida, antigüidades, artesanía e feito a man; gastronomía, música e relax. Todos estes sectores estarán representados nos postos que cubrirán a Praza do Seixo e parte do Mercado Municipal.

A apertura será ás 11 da mañá e o peche ás 21 horas. Grupos musicais, exhibición de moenda de pimentón; xogos de mesa, obradoiro de pan con Faragullas; degustación de estrugas, postos de comida e bebida, e charlas con xente que creou negocios sustentables, porán o marco á actividade principal.

As persoas interesadas en consultar o programa completo, poden abrir a seguinte ligazón:

mercado-redes-caviladoiro-



X