16 Xul 2014 O campamento urbano de verán reune a corenta nenos e nenas de Tomiño, que comparten as mañás durante un mes

Concello Tomiño campamento 1_ Concello Tomiño campamento 3_ Concello Tomiño campamento 4_

Monitores de tempo libre en prácticas e voluntarios atenden aos participantes e lles guían nas diferentes actividades

Corenta nenos e nenas asisten ao campamento urbano de verán, organizado polo Concello de Tomiño, entre o 7 de xullo e o 7 de agosto. A demanda foi grande, cubríndose rapidamente as 40 prazas dispoñibles e quedando máis dun centenar de persoas en lista de espera.

Como en anos anteriores, os participantes realizan, con monitores de tempo libre en prácticas e voluntarios, diferentes actividades, coma debuxo, pintura, xogos populares, manualidades, dinámicas de grupo, etc.

O campamento ten lugar no Campo da Feira en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A organización deste campamento responde, segundo explica a concelleira de Cultura e Deportes, Cristina Martínez, ao ánimo de ofrecer á veciñanza un ocio de calidade, ofertas diferenciadas para fomentar un ocio saudable, o deporte de base, etc., e ao mesmo tempo, axudar a nais e pais a conciliar a vida laboral e familiar.



X