28 Mai 2014 O Ceip de Barrantes celebra o día 30 a III Xuntanza Cooperarte 2014

Alumnado e profesorado do Ceip de Barrantes, e un nutrido grupo de artistas locais, participarán na III XUNTANZA COOPERARTE 2014, o vindeiro venres, 30 de maio. O evento terá como espazos a entrada do Centro de Saúde (alí estarán os cativos/as E ARTISTAS traballando a partir das 10 da mañá) e o Centro Vontade e o Centro de Día, onde se exporán as obras. Á unha da tarde está prevista a clausura da actividade.

A continuación reproducimos a nota informativa enviada pola coordinadora da actividade, María Lemos.

III XUNTANZA COOPERARTE 2014

Un ano mais, e xa é o terceiro, COOPERARTE volve celebrar a III Xuntanza cos centros participantes neste evento:

  • CEIP Barrantes de Tomiño
  • Centro Juan Mª de Nigrán
  • CEIP Principe Felipe de Pontevedra

Nun acto conxunto celebrado en Tomiño, que poñerá fin a todas as actividades realizadas durante o curso escolar centradas na arte local.

As ilusións e os nervios están a flor de pel, porque entre todos os que participamos no evento e de xeito cooperativo ( cada un/ unha aportará ás obras realizadas a súa pincelada, o seu ben facer, a parte que se necesita para un todo, o de cada un para ser o de todos,…).

Un mural coas espirais da vida, do paso do tempo, da orixe , e un conxunto de esculturas en madeira perpetuarán o sentir de cooperarte: a arte como medio de expresión de vida, como elemento unificador de diferencias, a arte que compARTE.

Os máis peques ( 3, 4,5 anos, 1º, 2º e 3º ) participarán pintando o mural da vida deseñado por Miguel Santamaría, Cuqui Piñeiro, Mario Rodríguez ,e Sonia Maestu.

Os maiores ( 4º,5º,6º e neno@s de Juan María) deixaranse levar polas esculturas deseñadas en madeira por Xuxo Vázquez, Nando Álvarez, Liliya Pobornikova e Carlos Fernández, aportando cor e beleza artística ás mesmas.

A xornada de creatividade alimenta a convivencia, favorecendo o intercambio social, compartindo esta experiencia que une, que xenera disfrute personal e sobre todo respecto polo creado… Ao mesmo tempo que os alumnos/as crean arte, poderán “charlar, relacionarse,aprender” de mans dos desinteresados artistas que nos acompañarán neste día tan rico en emocións, e todos xuntos faremos que a linguaxe da ARTE inunde ese entorno de creatividade e de ilusións que nenos e maiores levamos dentro, nese bulir e xogar do tempo que leva a vida.

Aproveitando o bo facer e a solidariedade do CENTRO DE DÍA e do CENTRO VONTADE utilizaremos as súas instalacións como salas de exposicións das obras que ao longo do ano nenos e nenas foron creando inmersos neste proxecto.

Convertiremos por un día, os dous centros no MUSEO COOPERARTE onde haberá “unha única e xenial exposición de artistas noveis”

Tamén disporemos de obradoiros de arte traballando o volumen con globos e colgantes coa espiral do tempo.

Remataremos o acto coa actuación de membros do grupo folklórico “Airiños de Pinzás” de Pinzás e coa entrega de agasallos realizados polos alumnos/as do centro Juan Mª e flores ornamentais de Tomiño. Agradecer a participación desinteresada, agradecer o entusiasmo dos artistas que sen dubidar un instante foron quen de apoiarnos, de impulsar o proxecto e de facer que o ensino teña as portas abertas máis alá da escola…nos seus talleres, na súa casa, a carón das súas mans…

Destacar o apoio incondicional do concello, xa que sin eles esto tampouco sería posible.

 

foto prensa



X