O centro de día de Tomiño tamén participará no Día Mundial da Bicicleta A actividade consistirá en realizar un pequeno circuito en bicicleta para os mais cativos; á vez que as persoas usuarias do centro de día animarán empregando pedalieres adaptados

Co gallo do Día Mundial da Bicicleta, o centro de día de Tomiño, pertencente á rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, organizará unha actividade, co fin de promover o envellecemento activo e as relacións interxeneracionais a través do deporte.

A actividade consistirá en realizar un pequeno circuito en bicicleta para os mais cativos; á vez que as persoas usuarias do centro de día animarán empregando pedalieres adaptados.

O encontro terá lugar ás 16:00 horas diante da explanada do centro de día, ubicado no Barrio Monte Pombal; o vindeiro 19 de abril (Día Mundial da bicicleta).

Foto: Lorena Prado